viernes, 9 de junio de 2023

AS MUSICAS VIAXEIRAS

 Cando fixemos a actividade   QUE IMOS LER? os membros do club elexiron ler por maioría o libro de Ledicia Costas, pero tamén houbo nenos/as que se quedaron coas ganas de lelo, e ainda que será unha das porximas lecturas do club, pensamos que o podíamos ofertar como lectura de verán de xeito opcional.



jueves, 1 de junio de 2023

CUARTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 Hoxe celebramos a cuarta reunión do club de lectura para fala do libro de Antía Yañez: "O Misterio de Portomarín".

Os nenos/as estaban moi ilusionados con esta lectura pois xurdiu durante o encontro que tiveramos coa autora.

Durante a charla que mantivemos os membros do club, falamos das relacións entre os irmáns e dos prexuizos que temos cara determinadas persoas. Analizamos os distintos personaxes e coñecemos un pouco mais da historia de Portomarin.

Cumpre dicir que un dos membros do club, a raíz desta lectura fixo unha visita a Portomarin.

Como esta era a úlima reunión do club de lectura aproeitamos para facer unhas chapas coa portada do libro e do club de lectura.



miércoles, 3 de mayo de 2023

TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 

 

 Hoxe tivemos a terceira reunión do club de lectura para falar do libro "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.

Antes de comenzar a charla sobre o libro, limos a entrevista que ven ó final do libro ó autor. Nela queda reflexado o compromiso de Gonzalo Moure co pobo saharaui.

Tamén lle contamos que era en realidade Kori: unha fusión entre o primeiro neno que el coñece ao ir ó Sahar e Fatimetsu unha nena sorda que vive en Smara a quen lle esta dedicado este libro.

Con esta lectura pretendiamos concienciar aos nenos e nenas do club de valores como:

-O respeto a diferencia.

-O valor da amizade-

-A superación das limitacións.

-Aceptar as nosas realidades.

-E coñecer outras culturas.

Falamos na charla sobre o libro sobre os personaxes: Kori, Caramelo, Fatimetsu, o tío.. Sobre as súas realidades e a súa cultura.

A todos e todas lles gustou moito o libro pero coincidiron en que lles pareceu moi triste.

Por iso lles propuxemos unha tarea: ESCRIBIR O FINAL QUE LLE HOUBESE GUSTADO.

viernes, 28 de abril de 2023

ENCONTRO CON ANTÍA YAÑEZ

 


Tivemos a sorte de contar para o club de lectura con Antía Yañez que nos veu falar do nos primeiro libro do club de lectura deste ano "Plan de rescate"

Resolveunos dubidas sobre as personaxes do libro e a historia, pasamos un rato moi agradable coa súa charla.

O cartel que  adornaba a biblioteca fixémolo a partir das reseñas e da charla que xurdiu na reunión do club de lectura



jueves, 27 de abril de 2023

REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO CLUB DE LECTURA

Como estamos na semana do libro fixamos unha reunión extraordinaria do Club de Lectura

A actividade consistía en preguntarlles ós  seus pais que libros eran os seus preferidos, e falar do libro que estaban a ler nese momento. fixemos un pequeno vídeo onde recollimos os seus comentarios.